O regreso a Liga Asobal por parte do Club Cisne Balonmano terá que esperar. O Ubu San Pablo Burgos dobregou por completo a un conxunto pontevedrés que foi sempre a remolque e que se topou unha e outra vez con Lloria.
Con dúbidas e problemas en ataque. Así arrincou o primeiro duelo do play-off o Cisne, que erraba lanzamentos crave e mostraba importantes fisuras defensivas que o Burgos non dubidaba en aproveitar para tomar a dianteira no marcador.
Tentou o equipo pontevedrés non perderlle a cara ao seu rival (6-5), pero a partir do minuto 10 e tras o fallo desde os sete metros de Mateo Arias, empezou a ceder terreo e a sumar tropezo tras tropezo que se traduciu nun 9-5 que provocou que Jabato pedise o primeiro tempo morto da tarde.
O Cisne tentou repoñerse, pero o Burgos, liderado polo excisneísta Álex Chan, continuaba na súa boa liña e manexaba á perfección o xogo en todas as facetas para seguir levando a batuta (12-6, min. 20).
Baixou o ritmo o conxunto burgalés e os brancos conseguiron neutralizar a renda rival (13-9). O técnico local parou o cronómetro, Jaime Gallardo foise dous minutos ao banco e Furtado, con dous tantos, recortou diferenzas en dous goles (13-11).
E puido o Cisne poñerse a tan só un gol do empate ao final do primeiro tempo tras unha gran parada de Abián Rodríguez, pero Lloria, en portería contraria, apareceu no momento clave para deter o lanzamento de Mateo Arias. Atacou entón Burgos, o colexiado pitou sete metros, e Álex Chan transformouno para colocar o 14-11 ao descanso.
Na segunda metade os problemas non se disiparon para os pupilos de Jabato e continuaron completamente negados en ataque. Lloria converteuse nun muro e cedeu un gol no primeiros seis minutos de xogo, obrigando ao técnico pontevedrés a parar o cronómetro para tentar deter a hemorraxia (19-12).
E cunha defensa 5-1 e sostido no brazo de Furtado, o conxunto lerezano recortou a diferenza aos catro tantos e enganchouse de novo no duelo (22-18).
Pero Chan devolveu o +5, o técnico burgalés detivo o cronómetro e os seus xogadores renaceron. O Burgos pechou o enreixado, Lloris volveu entoarse e a liña de ataque seguiu sorprendendo en todos e cada un dos seus ataques seguiu sorprendendo nos seus ataques elevando a renda en doce goles coa que concluíu o envite (32-20).
Consulta as estatísticas nesta ligazón