Lysak Yevhen non seguirá sendo xogador do Club Cisne Balonmán.
O equipo pontevedrés, líder sólido de grupo na División de Honra Prata, chegou a un acordo para a rescisión do contrato que lle unía ao pivote ucraíno.
Yevhen, afectado durante gran parte da presente tempada dunha lesión de ombreiro que só lle permitiu participar nuns poucos partidos de liga, ten previsto someterse a unha operación cirúrxica no seu país para superar os seus problemas físicos.
"Agradecemos o seu compromiso co club e desexámoslle moita sorte no futuro", asegurou o Cisne.
Desta forma o pivote xa non estará no derbi pontevedrés contra o Teucro previsto para o vindeiro sábado 18 de decembro no Municipal.
BAJA | La directiva del @ClubCisneBalonm ha llegado a un acuerdo con el pivote Lysak Yevhen para su baja.El jugador arrastra una lesión en el hombro que le obliga a pasar por quirófano en su país. Agradecemos su compromiso con el Club y le deseamos mucha suerte en el futuro pic.twitter.com/2BdMMSFA8u
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) December 15, 2021