O Cisne cae ante o Novás e despídese da Supercopa Galicia

Pontevedra
17 de agosto 2024

O Club Cisne Balonmán caeu este venres fronte ao Atlético Novás e queda fóra da final da Supercopa Galicia, que se disputará o sábado que vén ante o Cangas. A pesar da derrota, o conxunto pontevedrés deixou boa imaxe no que foi o seu primeiro exame de pretempada  

Partido da Supercopa Galicia entre Novás e Cisne
Partido da Supercopa Galicia entre Novás e Cisne / Dani Paredes / Club Cisne Balonmano

O Club Cisne Balonmán caeu este venres fronte ao Atlético Novás e queda fóra da final da Supercopa Galicia, que se disputará o sábado que vén ante o Cangas. A pesar da derrota, o conxunto pontevedrés deixou boa imaxe no que foi o seu primeiro exame de pretempada.

Foi precisamente o equipo do Rosal o que comezou mandando no marcador, enviando o partido ao descanso cun parcial a favor de dous goles arriba (13-11).

Despois do paso polos vestiarios, o encontro continuou de fronte para os locais, que a pesar dos intentos do Cisne de recortar distancias souberon aguantar ata facerse co triunfo (27-23) que lle dá o pase á final da Supercopa Galicia.

O equipo adestrado por Quiños terá este sábado pola tarde o seu segundo test de pretempada coa segunda edición do Torneo Peregrina, un triangular de partidos de 40 minutos de duración no que tamén competirán o Santo Tirso portugués e o Oar Coruña.