O Centro Galego de Vela de Vilagarcía reunirá durante o verán á elite xuvenil nacional

O Salnés
18 de xuño 2014

A sede de tecnificación da Federación Galega de Vela reunirá en xullo e agosto a adestradores e regatistas do Equipo Olímpico Español para achegar a súa experiencia en xornadas de prefeccionamiento das diferentes especialidades

Presentación das actividades de verán do Centro Galego de Vela
Presentación das actividades de verán do Centro Galego de Vela / Federación Galega de Vela

Vilagarcía de Arousa converterase no epicentro da vela xuvenil nacional durante todo o verán grazas ás actividades programadas no Centro Galego de Vela.

A sede de tecnificación da Federación Galega de Vela reunirá en xullo e agosto a regatistas e adestradores do Equipo Olímpico Español para achegar a súa experiencia e colaborar na formación dos mozos deportistas.

Na programación destacan as concentracións da clase Láser (14 ao 20 de xullo), Optimist (28 ao 31 de xullo) e 420 (11 ao 17 de agosto) coa presenza de Roy Alonso, Jaime García, Alberto Medina, Francisco Duarte, os irmáns Carlos e Antón Paz, Alicia Cebrián e Martina Reino.

Como colofón o seleccionador nacional de Optimist, Kiko Igual, dirixirá un curso de perfeccionamento e celebraranse dous campamentos náuticos para nenos de 10 a 16 anos.

Todas estas actividades foron presentadas este mércores coa presenza, entre outros, das campioas olímpicas Támara Echegoyen e Sofía Toro, ademais de integrantes dos equipos galegos de vela e diversas autoridades.