O canteirán Pablo López 'Lopo' xogará a próxima tempada no Rápido de Bouzas

Pontevedra
30 de xullo 2022

Granate desde o berce, Ángel Rodríguez deulle a oportunidade de debutar co primeiro equipo ante o Palencia Cristo, cando o ascenso a Primeira RFEF xa estaba máis que pechado

Pablo López 'Lopo', xogador do primeiro equipo do Pontevedra CF
Pablo López 'Lopo', xogador do primeiro equipo do Pontevedra CF / Cristina Saiz

O canteirán do Pontevedra Club de Fútbol Pablo López 'Lopo' non vestirá a camiseta granate a próxima tempada.

Granate desde o berce, Ángel Rodríguez deulle a oportunidade de debutar co primeiro equipo ante o Palencia Cristo, cando o ascenso a Primeira RFEF xa estaba máis que pechado.

'Lopo' substituíu ao capitán Álex González no minuto 79 e gozou de varios minutos no último partido de liga da pasada campaña.

Agora, deixará a Boa Vila para xogar en Terceira RFEF co Rápido de Bouzas, onde destacan que "nos dará moito no lateral esquerdo".