O canteirán Antón Vázquez despídese do Pontevedra: "Llegó el día, hasta pronto"

Pontevedra
22 de agosto 2020

O xogador de 21 anos di adeus despois de xogar a última campaña 19 partidos co filial en Preferente e dous no primeiro equipo, debutando en Segunda  B contra o Sporting  B na xornada 22 e repetindo contra o Atlético Baleares na xornada 24

Antón, adestrando co Pontevedra na primeira sesión despois das vacacións de Nadal
Antón, adestrando co Pontevedra na primeira sesión despois das vacacións de Nadal / Cristina Saiz

Continúan as despedidas no Pontevedra CF. Antón Vázquez, xogador que estaba entre o filial e o primeiro equipo do club granate, despídese en redes "de mi familia a la que llevo unido desde hace seis años". 

O canteirán de 21 anos di adeus despois de ter xogado a última campaña 19 partidos de liga co filial en Preferente e dous no primeiro equipo, debutando na Segunda B contra o Sporting B na xornada 22 e repetindo contra o Atlético Baleares na xornada 24.

O que podía ser un dos sub-23 do primeiro equipo para esta tempada, finalmente seguirá outro camiño que o afasta do club, aínda que espera "que esto no sea un adiós, sino un hasta luego" e poida regresar ás filas granates nalgún momento.