Cotobade acollerá o próximo domingo 29 de xuño o Campionato de Galicia de BTT Maratón dende as 10:00 horas.
A proba espera reunir a "practicamente todo o pelotón galego desta modalidade", segundo recoñeceu o xerente da Federación Galega de Ciclismo, Ricardo Terceiro, e se desenvolverá no mesmo circuíto da recentemente celebrada Transgalaica, cun percorrido de 60 quilómetros polos montes do municipio e con saída en Carballedo.
A proba está aberta a todas as categorías dende a idade xuvenil ata a Máster 60 cunha inscrición que dende o club organizador, o Monteferro, esperan que se aproxime aos 120 ciclistas.
O Campionato de Galicia de BTT Maratón foi presentado este xoves na sede da Deputación de Pontevedra.