A tempada de ciclocrós chega ao seu fin, pero en Pontevedra pensan xa na próxima e ilusionante campaña, na que a Boa Vila posicionarase internacionalmente acollendo o Campionato de Europa da especialidade.
Será os días 2 e 3 de novembro, pero antes diso é momento de afinar todos os detalles organizativos e tentar que a participación e asistencia de afeccionados sexa a maior posible.
Por ese motivo a Federación Galega de Ciclismo enviou unha delegación á recente Copa do Mundo de Ciclocrós celebrada na localidade alacantina de Benidorm, unha cita que acaparou titulares polo duelo protahonizado por dous superclase como Wout Van Aert e Mathieu Van der Poel.
A Federación dispuxo unha caseta no que os afeccionados puideron coñecer o calendario de probas previstas no Europeo de Pontevedra, asegurando espertar interese entre afeccionados nacionais e tamén estranxeiros.
A todos eles entregáronselles trípticos informativos, merchandising sobre o Campionato de Europa e información turística de Pontevedra e de Turismo de Galicia, facendo fincapé na celebración por primeira vez das mangas máster neste certame continental.