A localidade murciana de Los Alcázares acollerá a próxima fin de semana unha nova edición do Campionato de España de Clubs de Boxeo.
Alí estará o Team Thunder de Marín, representado polo seu púxil máis destacado, Aarón González, secundado por Alberto Teijeiro.
González, dúas veces campión nacional no peso welter, pelexará por recuperar o seu trono volvendo precisamente á súa categoría, tras un ano competindo no peso medio en busca dunha maior continuidade.
Se consegue avanzar na primeira rolda, o marinense disputará nesta competición o seu combate número 200, todo un logro.
O Campionato de España de Clubs conta cunha inscrición que supera os 250 deportistas entre todas as súas categorías, dos que unha vintena competirá con Aarón González no peso welter.