O equipo absoluto masculino do Waterpolo Pontevedra afronta unha fin de semana especial, coa visita á cidade de Lérez do campión da liga portuguesa, o Clube Fluvial Portuense.
O cadro luso, que en outubro disputou a Champions League de Waterpolo, xogará dous partidos amigables o sábado 17 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, devolvendo a visita que lle fixo o club pontevedrés en pretemporada.
Será unha boa oportunidade para que os pupilos de Javi de Sáa somen experiencia e preparen os complicados partidos do mes de xaneiro, onde se decidirán os postos de play-off polo título na Liga Galega de Primeira División.
O primeiro dos encontros disputarase ás 12:00 horas e o segundo ás 16:30 horas, ambos con entrada de balde para o público.