O Camelback-Silva proclámase campión ibérico de raids na PontevedRAID 2014

Pontevedra
15 de setembro 2014

Durante a fin de semana celebrábase na cidade do Lérez o PontevedRAID 2014 (Campionato Ibérico de Raids), e na súa quinta edición contou coa participación de 34 equipos chegados de distintos puntos de España e Portugal

PontevedRAID 2014 (Campionato Ibérico de Raids)
PontevedRAID 2014 (Campionato Ibérico de Raids) /

Durante o fin de semana celebrábase na cidade do Lérez o PontevedRAID 2014 (Campionato Ibérico de Raids), e na súa quinta edición contou coa participación de 34 equipos chegados de distintos puntos de España e Portugal.

Cargados cos seus mapas, compases e demais material necesario, ao longo duns 150 km e durante 16 horas o sábado e 4 horas o domingo, os equipos demostraron a súa resistencia e a súa extraordinaria capacidade física a través de probas de orientación en bicicleta, a pé, en kaiak, a nado, escalando ou rappelando...

Nun deporte multidisciplinar que require, ademais de forza, resistencia e moita cabeza para decidir con rapidez a estratexia e o camiño a seguir.

As diferentes probas leváronse a cabo no Pontillón de Castro, a Escusa, Combarro, a ría de Pontevedra, a illa de Tambo, Aguete, Seixo, o monte de Ermelo, Donón e o centro da cidade de Pontevedra. Finalizando nunha entrega de premios no Pavillón Multiúsos. O gañador na categoría de elite LERA foi o equipo Camelback-Silva, en elite non LERA foi o Adventure addicts, en aventura masculino o Castelodeporte.org (LERA) e en aventura mixto o equipo www.raidestella.com navarra (LERA).

Por quinto ano consecutivo, o campionato foi organizado poloClub de Montañeiros A Roelo de Pontevedra que levou a cabo un traballo exhaustivo no deseño das probas (conseguindo un campionato duro pero interesante e divertido, que non deixou de mostrar a beleza da ría de Pontevedra, a cidade e os seus arredores) Todo iso cunha organización excelente tanto no apoio aos deportistas coma no cumprimento da seguridade. Tendo un grande éxito como resultado, nun campionato sen incidencias nas que as probas sorprenderon moi positivamente os participantes que quedaron exhaustos pero encantados.