O cadro principal do WTA 250 de Cleveland espera a Jéssica Bouzas

O Salnés
19 de agosto 2024

A tenista arousá, que superou os seus dous encontros da fase previa do torneo, medirase en primeira rolda da fase final á francesa Varvara Gracheva

Jéssica Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023
Jéssica Bouzas, nun partido en Roma no ano 2023 / RFET

A xira americana que concluirá no último Grand Slam da tempada, o US Open, está a deixar grandes resultados para Jéssica Bouzas.

A tenista arousá, que xa se meteu no cadro principal do WTA 1.000 de Cincinnati, accedeu agora ao cadro principal do WTA 250 de Cleveland.

Bouzas superou os seus dous encontros da fase previa do torneo, tras gañar con autoridade e boas sensacións á india Sahaja Yamalapalli (6-2, 6-1) e á chinesa Eudice Chong (6-2, 6-1).

Preséntase así unha gran oportunidade para Jéssica de sumar puntos na clasificación WTA que lle permitan consolidarse no Top-100 e mesmo mellorar a súa mellor clasificación histórica (posto 77 a finais do mes de xullo).

En Cleveland a súa rival en primeira rolda do cadro prinicipal será a francesa Varvara Gracheva, número 69 da clasificación mundial.