O Burela sentencia na primeira metade e esperta o Poio Pescamar do seu soño na Supercopa (2-0)

Poio
09 de xaneiro 2021

Co mel nos beizos quedou o Poio Pescamar este sábado. O conxunto conserveiro estaba ante unha nova oportunidade para facerse co seu primeiro título nacional da súa historia pero, por segunda vez esta tempada, o Pescados Rubén Burela foi o encargado de espertalo do seu soño ao vencer por 2-0 na final da Supercopa de España celebrada no pavillón de Vista Alegre. Unha vez máis, os pequenos erros da primeira metade condenaron ás vermellasque cederon o partido nos primeiros 20 minutos.

Final da Supercopa de España entre Burela e Poio Pescamar
Final da Supercopa de España entre Burela e Poio Pescamar / RFEF

Co mel nos beizos quedou o Poio Pescamar este sábado. O conxunto conserveiro estaba ante unha nova oportunidade para facerse co seu primeiro título nacional da súa historia pero, por segunda vez esta tempada, o Pescados Rubén Burela foi o encargado de espertalo do seu soño ao vencer por 2-0 na final da Supercopa de España celebrada no pavillón de Vista Alegre. Unha vez máis, os pequenos erros da primeira metade condenaron ás vermellasque cederon o partido nos primeiros 20 minutos.

Buscaba o desquite o Poio Pescamar tras caer pola mínima na final da Copa da Raíña celebrada en Málaga fai menos dun mes. Non pasara nin un minuto cando estivo a piques de adiantarse o conxunto conserveiro tras un contragolpe de libro. Irene enviou o balón ao segundo pau onde se atopaba Dani Sousa pero o seu disparo estrelouse contra a porteira local.

O dominio pasou a mans dun Burela que se fixo co control total do esférico e, con posesións longas en campo rival, tentou facer dano con algún que outro disparo obrigando a Silvia Aguete a intervir. 

Alcanzábanse os primeiros 5 minutos de partido e a reacción rojilla chegaba de contra ataque ao atopar descolocado ao Burela, pero de novo Jozi Oliveira interviña para enviar o balón para saque de banda. Foi nesa xogada cando o Poio enviou o balón á rede. Miriam boleou de maneira maxistral para poñer o 0-1 pero o conxunto arbitral decidiu anulalo por falta en ataque. 

Seguía o 0-0 e o Poio Pescamar cometía a súa cuarta falta. Esta vez si que chegou o gol do Burela por mediación de Peque, protagonista do encontro. Recibiu, recortou e disparou cruzado á dereita da portería onde Silvia non puido chegar.

Co marcador en contra alcanzouse o ecuador da primeira metade e Manu Cossío parou o cronómetro para cambiar a dinámica das súas co obxectivo de atopar o gol e evitar custe o que custe cometer a quinta falta. Aguantaron nove minutos mentres que o Burela, evitando o gol do Poio, tamén alcanzou as catro faltas.

O dominio seguía sendo dunhas locais que tocaban para atopar espazos e ampliar a súa vantaxe. Desta forma atopáronse coa quinta falta ao seu favor e, a falta de 3 minutos para alcanzar o intermedio, coa sexta. Era dobre penalti para o Burela pero o disparo de Elena Aragón, que buscaba a escuadra, foise ás nubes.

O Poio Pescamar quería o empate e tocaba en campo rival, pero un erro nun pase transformouse noutro contragolpe do Burela e Dany Domingos non perdoou. Disparou raso e enviou o balón á rede de Silvia Aguete cando quedaba pouco máis de minuto e medio. Seguiron as vermellas buscando o gol e volveuse a repetir a xogada anterior. Esta vez foi Bea a protagonista do ataque local pero enviou o balón ao pau.

Co 2-0 alcanzouse o intermedio e Manu Cossío moveu ficha en portería e sacou a Caridad en lugar de Silvia.

A segunda metade continuou con dominio laranxa, que non condecía espazos a un Poio que facía o que podía pero sen ver ocasións claras de gol e coa súa porteira como protagonista evitando o terceiro gol local.

Quedaban pouco máis de 5 minutos de tempo regulamentario e o técnico vermello cambiou a súa estratexia pasando ao xogo de cinco con Irene García como porteira xogadora pero non obtivo premio. O Burela continuou co seu forte defensa logrando evitar o gol visitante e proclamarse supercampioas de España.

PEIXES RUBÉN BURELA (2): Jozi Oliveira, Cristina, Peque, Cami e M. Cortés. Tamén xogaron: Dany, Sandra Buzón, Cilene, Lara Balseiro, Bea Mateos, Ale de Paz, Elena Aragón e Jane.

POIO PESCAMAR (0): Silvia Aguete, Dani, Irene García Luci e Ana Rivera. Tamén xogaron: Miriam, Julia, Iraia Arbeloa, Antía, Agostina Chiesa, Clara, Caridad, Carol e Iraia Varela.

Goles: 1-0 (Peque, minuto 7); 2-0 ( Dany, minuto 19).

Árbitros: José Carreira Romero, Rubén Ferrero Carballal, Héctor Vilas López, Lida Crespo Pardo e Berta García Vázquez.

Incidencias: Supercopa de España Feminina de Fútbol sala celebrada #ante 200 persoas no pavillón de Vista Alegre (Burela, Lugo).