O brasileiro Caio da Silva, nova incorporación do Teucro

Pontevedra
12 de agosto 2023

O xogador de 22 anos chega á entidade pontevedresa despois de militar no Balonmán Sanxenxo e no ADS de Portugal  

Caio da Silva, nova fichaxe do Teucro
Caio da Silva, nova fichaxe do Teucro

A Sociedade Deportiva Teucro fixo oficial a incorporación do brasileiro Caio da Silva.

O xogador de 22 anos chega á entidade pontevedresa despois de militar no Balonmán Sanxenxo e no ADS de Portugal.

Segundo informaron desde o club, da Silva xogará tanto de lateral dereito como de defensor central.

O brasileiro únese así a unha lista de fichaxes nas que estaban o gardameta Javi Santana e os extremos Andrés Pérez e Daniel Vicente Pintus, xunto á longa lista de renovacións.

COPA GALICIA

O Teucro disputará este martes 15 de agosto o seu primeiro partido de pretempada, correspondente á Copa Galicia e no que xa se poderán encargar os carnés de socio.

Será contra o Atlético Novás ás 12:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra e a entrada será gratuíta.