O brasileiro Arthur Neves, presentado como novo adestrador do Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
02 de setembro 2024

O técnico aterra na entidade deportiva pontevedresa despois de traballar o últimas cinco campañas no Clube Fluvial Portuense luso

Presentación de Arthur Neves como novo adestrador do Waterpolo Pontevedra
Presentación de Arthur Neves como novo adestrador do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra xa ten novo adestrador para o seu equipo sénior feminino, que competirá por terceiro ano consecutivo en Primeira Nacional.

Trátase de Arthur Neves, técnico brasileiro que tras iniciarse no seu país natal traballou os últimos cinco anos no Clube Fluvial Portuense portugués.

"Vai levar a dirección do primeiro equipo feminino e colaborará cos adestradores do resto de equipos", confirmou o presidente do Waterpolo Pontevedra, Alberto López.

"En principio vén por unha tempada pero con total vontade por todas as partes de que sexan máis", afirmou o dirixente acordándose tamén dun Kike García ao que "botaremos de menos", despois de 15 anos como adestrador no club.

Arthur Neves poñerase agora á fronte dun primeiro equipo feminino que xa iniciou a pretempada coa vista posta na primeira xornada do campionato, prevista para o 12 de outubro.