Vilagarcía acolleu a pasada fin de semana as roldas finais do Campionato Galego de Boxeo, cun bo número de combates e grande asistencia nas bancadas.
Nos diferentes pesos estivo moi presente o boxeo marinense, que sumou ata catro medallas, todas elas do Rebouras Team, polas dúas do ABP pontevedrés e do Boxing Arousa.
En categoría elite Aarón González (Reabouras) logrou o seu cuarto ouro consecutivo en -64 quilos e encara con ambición o reto do Campionato de España.
Ademais Alba Pedrosa foi ouro en -57 quilos Xoven Feminino, Abel Ferreira prata en -64 quilos Promesa e Juan Rey en -75 Promesa.
Por parte do ABP Germán Díaz foi prata en 64 Xoven Masculino e Cristian Hernández bronce en -57 Promesa, mentres no Boxing Arousa lograron medalla José Padín cun ouro en -91 Promesa e Sheitiyar prata en -60 cadete.