O baloncesto invade Montero Ríos co 3x3 escolar do Arxil

Pontevedra
03 de xuño 2015

Máis de 1.100 escolares gozaron dunha mañá deportiva nas 30 canastras instaladas na avida pontevedresa, disputando preto de 600 partidos na décimo cuarta edición do torneo

3x3 escolar na rúa organizado polo Arxil
3x3 escolar na rúa organizado polo Arxil / Mónica Patxot

Invasión de baloncesto no centro de Pontevedra, da man da décimo cuarta edición do torneo 3x3 escolar na rúa organizado polo Club Baloncesto Arxil.

Un total de 1.107 escolares déronse cita no evento, formando 269 equipos que disputaron ata 600 partidos envolvidos nun ambiente festivo.

A organización habilitou 30 canastras, dúas delas ocupadas polo Amfiv vigués de baloncesto en cadeira de rodas, co que se trataba de achegar o deporte adaptado aos alumnos dos centros educativos de Pontevedra.

Estivieron presentes no 3x3, ademais do Amfiv, Calasancias, Doroteas, San José, San Bieito de Lérez, Froebel, Barcelos, Campolongo, Carballal Marín, Manuel Vidal Portela, Álvarez Limeses e a Asociación Virgen de la O.