A Avenida Monteiro Ríos de Pontevedra acollerá o próximo mércores 3 de xuño a décimo cuarta edición do 3x3 na rúa organizado polo Club Baloncesto Arxil.
Un total de 1.107 escolares participarán nunha xornada que arrancará ás 9:45 horas prolongándose ata aproximadamente as 13:15 horas.
Durante ese tempo un total de 269 equipos disputarán ata 600 partidos nas 30 pistas instaladas en plena rúa.
Como novidade, nesta edición dúas das pistas estarán adaptadas ao baloncesto en cadeira de rodas, contando coa presenza do club vigués desta modalidade, o CD Amfiv.
Desta forma todos os asistentes poderán experimentar o que supón xogar en cadeira de rodas coa intención de que os escolares valoren "el baloncesto como un deporte accesible a todos", explicou Marita Janeiro na presentación do evento, na que tamén estivo Ana Gómez en representación do Arxil e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández.
Durante a súa celebración procederase a demais ao sorteo dos grupos do Campionato de España Infantil Feminino que se disputará en Pontevedra entre os días 14 e 20 de xuño.