A Avenida Montero Ríos de Pontevedra volverá converterse nunha gran cancha de baloncesto o vindeiro xoves 2 de xuño coa celebración do 3x3 Escolar na Rúa do Club Baloncesto Arxil.
Desde as 9:45 horas ata as 13:15 horas da mañá 1.163 alumnos de centros educativos de Pontevedra daranse cita nun evento que non para de crecer despois de 15 anos.
"Para nós é un reto cada ano", recoñeceu a adestradora arxilista Mayte Méndez ao explicar que se instalarán 30 canchas de baloncesto que acollerán, cada unha delas, ata 20 partidos de 8 minutos de duración.
No 3x3 participarán alumnos do Calasancias, Doroteas, San José, San Bieito de Lérez, Campolongo, Froebel, Álvarez Limeses, Barcelos, San Martiño, Manuel Vidal Portela e Carballal, ademais de usuarios da Asociación Virgen de la O.
Os escolares estará repartidos nun total de 257 equipos, nun evento no que o importante é pasar un bo intre facendo deporte, xa que non se trata dun torneo competitivo.