É só a súa primeira tempada en competición, pero o Club Bádminton Ravachol Pontevedra vai cumprindo obxectivos e queimando etapas para poder crecer no panorama autonómico e nacional.
O club pontevedrés conseguiu a fin de semana na Estrada dar un paso máis cara á súa meta de lograr o ascenso de categoría ao proclamarse campión da Segunda Nacional.
No pavillón Coto Ferreiro o Ravachol Pontevedra superou con autoridade nun dobre enfrontamento ao Astures Alquimotor (5-0) e ao CB Cíes de Vigo (5-0).
Nesta xornada, o técnico do equipo optou por facer debutar a varios dos deportistas que aínda non participaran na fase regular da liga, con vistas á fase de ascenso a Primeira Nacional.
Ademais da vitoria, o Bádminton Pontevedra conseguiu levar os premios individuais de mellor xogador e xogadora, que foron parar a Iván Darriba e María Torres.