O Atlético Vilalonga roza a proeza na Copa da Raíña, pero cae eliminado contra o Deportivo cun gol no desconto

Pontevedra
12 de setembro 2024

Un tanto da deportivista Milene nunha das últimas accións do encontro, no minuto 94, outorgou o pase na primeira rolda de Copa ao Deportivo

Equipo do Atlético Vilalonga na eliminatoria de Copa da Reina fronte ao Deportivo
Equipo do Atlético Vilalonga na eliminatoria de Copa da Reina fronte ao Deportivo / Atlético Villalonga FF

A un paso de dar a badalada quedou o Atlético Vilalonga FF na eliminatoria de primeira rolda da Copa da Raíña disputada este mércores no estadio de San Pedro.

O conxunto celeste, de Segunda RFEF, puxo contra as cuertas ao RC Deportivo da máxima categoría, que hai escasos días viña de competir de ti a ti co todopoderoso Barcelona na primeira xornada de liga.

Cun gran esforzo a nivel defensivo e colectivo, o Vilalonga contrarrestou o dominio e calidade do seu rival, que puido adiantarse na primeira metade, con gol anulado incluído, pero que co paso dos minutos foi perdendo claridade e forza sen que o marcador se movese.

Non logrou de feito o equipo coruñés o seu gol ata practicamente a última xogada do encontro, nunha rápida transición polo costado esquerdo cun centro que cabeceou Milene ao fondo da rede. Era o minuto 94.

Un duro castigo para as locais que con todo despídense da Copa da Raíña coa cabeza alta.