O Atlético Vilalonga tivo que conformarse cun punto na súa visita ao Atlético de Madrid C, nun partido que se decidiu con dous goles, ambos desde o punto de penalti.
As xogadoras de Edu González eran conscientes da importancia de puntuar en casa do equipo colchoneiro, que chegaba á cita tras perder os tres primeiros partidos. Con todo, as madrileñas quixeron aproveitar o alento da súa afección para complicar as cousas ao cadro visitante.
De feito, o Atleti non llo puxo fácil ao equipo de Sanxenxo, que á media hora de xogo atopouse co marcador en contra tras un penalti cometido por Rosalía Muíño e transformado por Zaira Destro.
Con todo, o Atlético Vilalonga seguiu insistindo en busca do gol do empate, que chegou ao fío do descanso. Neste caso, foi Marta Gómez quen derrubou a unha xogadora local e a colexiada pitou pena máxima. Nerea Lombardero transformou o penalti, que acabaría sendo definitivo.
A próxima xornada, as pupilas de Edu González mediranse en San Pedro ao líder CE Europa.
Consulta a acta nesta ligazón