Despois da primeira vitoria da pasada semana, o Arxil recibiu este sábado unha dose de realidade ao enfrontarse nun choque directo ao Maristas Coruña. Unha vez máis, as pontevedresas deixaron pasar a oportunidade de continuar sumando nunha importante xornada para os dous equipos.
Si ben é certo que as de casa tiveron que facerlle fronte ao duelo coa baixa por lesión de Cristina Díaz-Pache, xogadora importante na rotación.
A pesar de todo, as arxilistas foron inferiores durante todo o partido, comezando polos primeiros 10 minutos, nos que as locais se distanciaron 8 puntos no marcador (20-12). Custoulles ás visitantes centrarse no xogo, pero parecía que o lograban no segundo parcial, máis igualado que o inicial. Conseguiron recortar distancia, pero aínda atopábanse lonxe do empate coa chegada do descanso (33-22).
Tras o paso polos vestiarios a dinámica continuou igual: as de Méndez loitando por manter o ritmo e chegar a igualar o marcador, e as coruñesas por continuar gozando da vantaxe de puntos. Con todo e a pesar dos intentos das verdes, estas non foron quen de gañar a superioridade necesaria para levar o partido.
Así, o Arxil regresa a Pontevedra cun amargo resultado (79-60), pero coa mente posta no próximo reto, xa que a vindeira semana toca recibir ás do Ardoi, as actuais líderes de Feminina 2.