Moito traballo ten por diante o Arxil para chegar na mellor forma posible ao comezo da Liga Feminina 2.
O equipo pontevedrés tivo moitos problemas en ataque no seu primeiro partidode pretempada, de Copa Galicia ante o Cortegada (43-57).
O conxunto arousán, máis rodado, dominou o electrónico desde os primeiros minutos e marchou ao descanso cunha clara vantaxe (20-33).
Mayte Méndez puido dar os primeiros minutos da tempora á malí Minata Keita, recentemente incorporada aos adestramentos, pero aínda espera a chegada de Waleska Pérez, chamada a levar boa parte do peso ofensivo do equipo.
A venezolana espera recibir nos próximo días o permiso de traballo para viaxar a Pontevedra e unirse á pretempada arxilista.