O Arxil segue sen carburar en Liga Challenge (65-53)

Pontevedra
05 de outubro 2024

O Club Baloncesto Arxil segue sen dar coa clave para triunfar en Liga Challenge e encadea a súa segunda derrota consecutiva neste inicio de campionato. O equipo adestrado por Marita Janeiro foi incapaz de superar o Unicaja Mijas tras un mal arranque de partido, apertou o marcador no terceiro cuarto, pero terminou cedendo por 65-53  

Partido de Liga Feminina Challenge entre Arxil e Innova TSN-Leganés
Partido de Liga Feminina Challenge entre Arxil e Innova TSN-Leganés /

O Club Baloncesto Arxil segue sen dar coa clave para triunfar en Liga Challenge e encadea a súa segunda derrota consecutiva neste inicio de campionato.

O equipo adestrado por Marita Janeiro foi incapaz de superar o Unicaja Mijas tras un mal arranque de partido, apertou o marcador no terceiro cuarto, pero terminou cedendo por 65-53.

O encontro comezou co Arxil moi impreciso, con baixas porcentaxes de anotación que contrarrestaban cos números do equipo malagueño, que apenas tiña problemas para anotar e enchufaba un 21-10 no primeiro cuarto.

Tentaron as pontevedresas apertar o luminoso antes do descanso, pero non atopaban a maneira de acertar de fronte ao aro, e é que Nerea Liste, a habitual salvadora do equipo verde, estivo completamente imprecisa con cero puntos en 30 minutos disputados, mentres que Marta Fernández e Raquel de Lima achegaron un total de 13 e 14 puntos, respectivamente, ao tenteo arxilista.

O Mijas, pola súa banda, non estaba disposto a ceder e ampliaba a diferenza ao termo do segundo acto, deixando o marcador en 35-22.

O punto de inflexión chegou tras o intermedio, cando o Arxil mostrou unha notable melloría e, grazas á súa fe e esforzo, logrou achegarse no marcador (49-44). Con todo, outro mal arranque, esta vez no último cuarto, resultou decisivo.

O cadro local mostrouse sólido novamente, mentres as xogadoras de Marita Janeiro fóronse diluíndo, permitindo que o Mijas asegurase a vitoria cun 65-53 final.

Consulta as estatísticas nesta ligazón