O Arxil segue crecendo con triunfo ante Unicaja (75-51)

Pontevedra
03 de decembro 2022

O Club Baloncesto Arxil conseguiu este sábado no CGTD unha nova vitoria en Liga Feminina 2. As de Mayte Méndez fixeron un moi bo inicio que lles valeu para coller unha importante primeira renda que lles serviu para manexar o devir do encontro e asinar un novo triunfo esta tempada  

Partido entre CB Arxil e Unicaja no CTGD
Partido entre CB Arxil e Unicaja no CTGD / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil conseguiu este sábado no CGTD unha nova vitoria en Liga Feminina 2 contra Unicaja. As de Mayte Méndez fixeron un moi bo inicio que lles valeu para coller unha importante primeira renda que lles serviu para manexar o devir do encontro e asinar un novo triunfo esta tempada.

No primeiro cuarto o conxunto verde fíxose claro dominador, estando acertadas de fronte ao aro e tamén en terreo defensivo para facer un parcial de 17-9.

Aínda quedaban moitos minutos por disputar, pero o Arxil sentía cómodo sobre a cancha e estiraba aínda máis a vantaxe sobre un Unicaja ao que non lle saían as cousas (38-23).

Despois do descanso a eficacia anotadora de ambos os conxuntos baixou notablemente (12-9), algo que non afectou ao Arxil, que xa conseguira unha importante distancia sobre o seu rival e só tiña que manexar ben esa diferenza para que non houbese sorpresas.

E cun resultado de 50-32 chegouse aos últimos 10 minutos, momento que aproveitaron as de Mayte Méndez para respirar e aproveitar os tempos en cada un dos ataques para manter a vantaxe e amarrar un novo e importante triunfo en casa (75-51)​.

Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón