O Arxil renace tras o descanso e supera o Barakaldo (62-68)

Pontevedra
19 de febreiro 2023

O Club Baloncesto Arxil regresou á competición tras dúas xornadas sen xogar con triunfo sobre o Barakaldo no partido correspondente á 19 xornada de Liga Feminina 2. As de Mayte Méndez superaron con dificultades ao conxunto vasco para continuar con opcións de disputar o play-off de ascenso de categoría

Partido entre Arxil e León no CGTD
Partido entre Arxil e León no CGTD / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil regresou á competición tras dúas xornadas sen xogar con triunfo sobre o Barakaldo no partido correspondente á 19 xornada de Liga Feminina 2. As de Mayte Méndez superaron con dificultades ao conxunto vasco para continuar con opcións de disputar o play-off de ascenso de categoría, tras gañar por 62-68.

Tomou a dianteira no marcador o conxunto pontevedrés cunha pequena renda de cinco puntos, pero o Barakaldo, apoiado en Pehadzic e Anderson, volteaba o resultado (15-12).

Forster e Trajchevska devolvían as táboas, que se mantiveron ata practicamente o final do primeiro cuarto, pero Horford enchufó a falta de cinco segundos un lanzamento desde a liña de tres co que devolveu a vantaxe ao seu equipo (22-19).

No segundo cuarto o Arxil foi de menos a máis. O Barakaldo fíxose coa maior renda do partido (sete puntos) pero a reacción das de Mayte Méndez chegou pronto, aplicáronse en tarefas defensivas e abriron diferenzas para ir ao descanso cun axustado parcial de 35-38.

Despois do descanso chegou o punto de inflexión cunha magnífica Trajchevsca, maior anotadora do Arxil con 19 puntos, e Nerea Liste, que controlaba a defensa e neutralizaba ao conxunto vasco (46-55).

E con esa pequena renda de 9 puntos chegou o cuarto e definitivo parcial, no que o Barakaldo tentou remontar e o Arxil xogou ben as súas cartas para facerse coa vitoria por 62-68.

Consulta as estatísticas nesta ligazón