O Arxil remodela o corpo técnico para a nova tempada

09 de agosto 2019
Arxil - Lima-Horta
Arxil - Lima-Horta / Diego Torrado

A poucos días de que o primeiro equipo comece a pretemporada, que terá lugar o sábado 14 de setembro ás 12.30 horas, o Club Baloncesto Arxil remodelou o corpo técnico de todo o clube.

Para esta nova tempada coa que seguirán contando con Mayte Méndez como adestradora do primeiro equipo, Marita Janeiro, Ana Martin e Magín Méndez como preparador físico, engádense ás filas técnicas Ana Gómez, Milagros Sanmartín, Lino Vázquez e Margarita Moreira.

Así mesmo, Eduardo Cadenas incorpórase ao corpo técnico do Mafari Café compaxinando o seu labor coa de preparador físico das Cadetes, Júnior e Sénior feminina.

As xogadoras de Mayte Méndez empezan a competición oficial o 5 de outubro contra o Celta no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra