O Arxil está a xogarse unha praza no playoff de ascenso e para alcanzar a meta precisa da axuda da súa afección e de toda a cidade.
É por iso que desde o club fan un chamamento a toda a inchada verde para que este xoves enchan as bancadas do CGTD no transcendental derbi contra o Cortegada.
"O que no mes de setembro era un soño, agora estamos en disposición de poder cumprilo. Depende do noso traballo e da nosa entrega", sostén o dirixente do club Liño Vázquez, que confía en que o alento da afección dea ao equipo o empuxón definitivo.
Para o encontro, as adestradoras Maite Méndez e Marita Janeiro contan con todo o persoal, salvo Carmen Ortiz que abandonou a disciplica do Arxil para regresar a Málaga por motivos laborais.
Con todas estas pezas, no vestiario verde están convencidas de obter un triunfo ante un rival directo que situaría de cheo ao Arxil na pelexa pola cuarta praza do grupo a sete partidos para o final da fase regular.