A fase regular da liga Feminina 2 xa finalizou para o Club Baloncesto Arxil, que xa pensa na fase de ascenso á liga Feminina Challenge.
O equipo pontevedrés clasificouse para os play-off hai un mes, pero aínda faltaba por saber o posto a que ocuparía na clasificación da fase regular.
Esta posición decidiuse este domingo despois do triunfo contra o León, logrando as xogadoras de Mayte Méndez un máis que merecido terceiro posto a que lle permite acceder á fase como segundo mellor equipo, xa que o Segle XXI non conta para a fase.
A orde dos duelos decidirase o vindeiro martes 16 de abril a partir das 11:00 horas.
En cando ao partido, arrincou con máxima igualdade por parte de ambos os conxuntos (22-21), pero no segundo parcial o Arxil púxose ao choio en defensa e continuou da mesma maneira en ataque, logrando irse ao descanso cunha importante renda de 16 puntos (45-29).
Despois do paso polos vestiarios todo cambiou. Mayte Méndez decidiu dar minutos ás menos habituais e o León aproveitou para recuperarse, apertar o marcador e quedar a un palmo da remontada (72-67).
Consulta as estatísticas nesta ligazón