O Club Baloncesto Arxil non puido acceder á final da Copa Galicia tras caer contra o Baxi Ferrol por 89-61.
As pupilas de Mayte Méndez chegaran á recta final do torneo como vencedoras da fase previa do torneo gañando ao Cortegada por un axustado 54-47 e ao Maristas Coruña por un contundente 47-70.
O Arxil mostrou moi boas sensacións durante toda a Copa, pero foron superadas por un Ferrol de Liga Challenge ao que lle puxo as cousas complicadas.
Sobre todo pola actuación dunha Nerea Liste que anotou nin máis nin menos que 17 puntos e recolleu 8 rebotes, que lle valeron para ser a mellor xogadora do encontro con 22 de valoración.
Acompañárona Carolina Bernardeco (12 puntos), Nena Trajchevska (11 puntos) e Margarita Moreira (9 puntos).