O Arxil apúntase por segundo ano á Feira Franca co espazo 'Arxilius'

Pontevedra
06 de setembro 2013

O club verde busca fondos para financiar a tempada e instalará unha área de xogos con aros, zancos ou dúas canastras "medievais". Estará situado nas inmediacións do palco da música da Alameda

Por segundo ano consecutivo o Club Baloncesto Arxil buscará recadar fondos para financiar a tempada aproveitando a celebración da Feira Franca.

O club verde instalará nas inmediacións do palco de música da Alameda unha área de xogos nas que haberá aros, zancos, cordas e por suposto dúas canastras "medievais", nas que se xogará cunhas pelotas forradas de trapo.

Na mesma zona o Arxil habilitará un posto de alimentación destinado á venda de produtos que elaborarán os propios pais das xogadoras, das cales xurdiu a idea o pasado ano coa intención de axudar economicamente á entidade e aos seus 14 equipos.

Arquivado en