O Arxil afronta este sábado a partir das 18 horas un derbi galego na Coruña fronte ao Colexio Maristas. As verdes están metidas de cheo na loita por clasificarse para a fase de ascenso a falta de dous partidos para terminar a fase regular.
Cuartas na clasificación, as de Mayte Méndez mídense ás undécimas da táboa nun enfrontamento no que buscarán dar continuidade ao bo traballo realizado a pasada semana na que venceron ao líder.
Con todo, as locais non o poñerán fácil, pois se están xogando a permanencia na categoría. "Son un conxunto sólido que se fai moi forte en casa", aseguran desde o Arxil, que confía na súa fortaleza defensiva e a versatilidade de xogo interior e exterior en ataque para asegurar o triunfo.