O Atlético Arteixocortou este sábado o refacho do Pontevedra B despois de tres xornadas seguidas puntuando.
Pero foi a mala sorte a que condicionou o encontro do filial granate, que se viu moi pronto co marcador en contra por un gol en propia porta de Víctor Casades aos cinco minutos de xogo.
Lonxe de vir abaixo, o equipo de Jesús Ramos buscou a reacción, pero o Arteixo non estaba disposto a ceder e mantivo a portería a cero en todo momento.
E cando parecía que se ía a chegar ao descanso cun 1-0, Edu de la Puente bateu a Pedro Ares para facer o 0-2.
Despois do paso polos vestiarios moveu ficha o técnico granate dando entrada a Jaichenko e Mario Constenla, e a Berni no minuto 65, pero foron incapaces de volver mover o marcador.
Cabe destacar o debut do recentemente fichado Fran López, que entrou no terreo de xogo no minuto 75 en lugar de Iker Arango para disputar os seus primeiros minutos coa elástica granate.
Consulta a acta nesta ligazón