O Arosa volve ao traballo co ascenso a Segunda Federación en mente

O Salnés
26 de xullo 2023

Os de Luisito levaron a cabo esta tarde de mércores a primeira sesión de adestramento da pretempada na Lomba

Primeiro adestramento do Arosa 23-24
Primeiro adestramento do Arosa 23-24 / Arosa SC

O Arousa iniciou este mércores pola tarde a súa pretempada. Ás ordes de Luisito, o equipo realizou a súa primeira sesión de traballo nas instalacións da Lomba coa vista posta no primeiro partido de liga previsto para a fin de semana do 9 de setembro.

Entre os 26 xogadores citados atopábanse, ademais dalgúns ugadores da canteira, os renovados Manu Táboas, Sergio Cotilla, Santi Figueroa, Pacheco, Nacho Carús, Martín Sánchez, Brais Pedreira, Brais Vidal, Iñaki Martínez, Borja Míguez e Sylla.

Tamén se enfundaron o mono de traballo as novas fichaxes para a seguinte campaña, que son Rubo Blanco, Javi Pereira, Diego Enjamio, Antón Concheiro e Martín Diz.

A xornada deste mércores comezou cunha charla no vestiario co presidente e o corpo técnico. O grupo saíu ao céspede pasadas as 16.30 horas para realizar carreira continua, exercicios con balón e esturamientos.

O equipo traballou esta tarde na Lomba, pero as seguintes sesións trasladaranse ás instalacións de Vilaxoán, onde adestrarán ata en horario de tarde o xoves e venres e en horario de mañá, o sábado.