O Arosa supera os 300 socios a falta dun mes para o inicio de liga

O Salnés
31 de xullo 2021

A campaña de captación de socios da que será unha tempada histórica para o Arosa SC comezou con bo pé xa que, a falta de máis dun mes para que de comezo a Segunda RFEF, xa conta con máis de 300 abonados. As renovacións dos carnés tamén se están producindo a bo ritmo, informa o club, pero unha alta porcentaxe débese a novas altas

Primeiro adestramento do Arosa 2021/2022, tempada de debut en 2ª RFEF
Primeiro adestramento do Arosa 2021/2022, tempada de debut en 2ª RFEF / Cristina Saiz

A campaña de captación de socios da que será unha tempada histórica para o Arosa SC comezou con bo pé xa que, a falta de máis dun mes para que de comezo a Segunda RFEF, xa conta con máis de 300 abonados. As renovacións dos carnés tamén se están producindo a bo ritmo, informa o club, pero unha alta porcentaxe débese a novas altas.

Para esta tempada, facilitan a venda en liña a través da páxina web do Arosa, clicando na opción de 'Hazte socio', que se atopa na pantalla principal. Unha vez realizado o pago con tarxeta de crédito, ao socio chegaralle un e-mail coa confirmación da reserva que terá que achegar á retirada do abono nas oficinas do club, situadas na Lomba, ou en Ofimática Arosa.

Desde o club arlequinado aproveitan tamén para lembrar que para esta tempada haberá diferentes tipos de abonos e de prezos. Para o público sénior o abono custará 90 euros en Tribuna, 75 en Preferencia e 50 nos fondos. Os carnés bonificados de pensionista serán de 75 euros en Tribuna e 60 en Preferencia, mentres que a categoría sub 30 e sub 15 custarán 60 e 20 euros respectivamente.

En canto aos carnés especiais, o individual, que permite gozar dunha butaca numerada en exclusiva na zona central de Tribuna por 150 euros, e o de empresa, para o que hai que comprar como mínimo tres e que custa 270 euros. Este é o único carné que será transferible, o resto estarán personalizados.