O Arosa suma, ante o Racing de Ferrol, a súa segunda derrota consecutiva (0-1)

O Salnés
22 de outubro 2018

Pola súa banda, o Céltiga conseguiu impoñerse en casa ao Choco (2-1) e o Ribadumia quedou a un gol do empate ante o Bergantiños (1-0)

Partido entre Arosa e Ribadumia na Lomba
Partido entre Arosa e Ribadumia na Lomba

O Arosa sumou a súa segunda derrota consecutiva ante o Racing de Ferrol na Lomba, nun encontro onde a tónica foi a igualdade desde o asubío inicial.

Despois dunha primeira parte na que puideron controlar algo máis que os visitantes o balón, parecía que non ía haber goles. E así foi cando fixeron a visita aos vestiarios no descanso. O duelo seguía a ceros.

Con todo, durante os segundos 45 minutos produciuse un cambio. O Racing de Ferrol comezou a ter máis ocasións de gol e aproveitou unha delas. Cando todo parecía estar decidido e o máis seguro era que o encontro finalizase o táboas, José Gómez conseguiu acertar na portería de Manu Táboas establecendo o 0-1 no marcador. Así, o Arosa deixou escapar os tres puntos da novena xornada.

Consulta a acta do Arosa- Rancing de Ferrol.

A pesar de xogar o Céltiga cun home menos no campo a partir do minuto 44 da primeira metade, o cadro local conseguiu impoñerse ao Choco no Salvador Otero. O primeiro gol arousán, e tamén primeiro tanto do partido, chegou ao pouco tempo de comezar o choque (15') grazas a unha acción de Nicolás del Río, establecendo o 1-0, que lles daba unha pequena vantaxe.

Ese acerto local pareceu animar aos visitantes, que tres minutos despois (18') conseguiron o empate do partido. Nada estaba decidido a partir dese momento. Con todo, unha lixeira superioridade dos locais acabou por darlles a posibilidade de volver poñerse por diante no 25', marcando Pablo Santiago o 2-1 final.

Consulta a acta do Céltiga-Choco.

Pola súa banda, o Ribadumia caeu ante o Bergantiños nas Eiroas (1-0). Desta forma o conxunto pontevedrés establécese na sétima posición optando á quinta de gañar ao líder da clasificación no encontro desta fin de semana. A pesar da derrota, os visitantes demostraron estar á altura nun choque moi igualado no que o gol da vitoria local non chegou ata o minuto 69, de man de Jorge Cano.

Consulta da acta do Bergantiños-Ribadumia.