Sexta xornada consecutiva do Arosa sen coñecer a vitoria. Os de Jorge Otero lograron rescatar un punto este domingo na súa visita a Langreo, pero é un botín insuficiente porque o cadro arlequinado segue afundido en postos de descenso, aínda que aínda teñen a salvación a dous puntos.
Veñen de chegarnos imaxes do gol de @Luiismii10 co que o @AROSASCOFICIAL rescatou un punto no feudo do @UPLangreo
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 27, 2022
Panadero adiantara os locais no 23, este gol igualaba a contenda no 75'
Este resultado non saca do descenso os vilagarciáns pic.twitter.com/7aBTCN0bgF
Nun duelo marcado pola igualdade, o primeiro en golpear foi o cadro local, que se adiantou pasados os vinte minutos de xogo por medio de Pana.
A reacción visitante non chegou ata despois do descanso, cando os arousáns conseguiron meter unha marcha máis ao partido e dominar o xogo.
Foi a falta de quince minutos para o final cando Luismi cazou un rexeite na área pequena, despois dun dobre remate visitante, para enviar o balón ao fondo da rede e colocar de novo as táboas no marcador.
Seguiu buscando o Arosa un tanto da vitoria que non chegou e que obriga aos de Jorge Otero a sumar un triunfo a próxima semana na Lomba para non complicarse as opcións de permanencia.