Novo reforzo para o Arosa no seu medio centro coa fichaxe do canario Abel Suárez. O xogador de 31 anos foi presentado leste mesmo domingo e conta cunha dilatada traxectoria en Segunda B, onde xogou case 300 partidos.
Suárez coincidiu no Pontevedra CF co técnico arlequinado, Luisito Míguez, na campaña 2016-2017, cando os granates xogaron o play-off de ascenso a Segunda A.
A pasada campaña xogou 25 partidos co CD Ebro en Segunda RFEF onde quedou ás portas da promoción de ascenso.
Con esta fichaxe, o Arosa eleva o seu persoal a 20 futbolistas entre os que está o xuvenil Hugo Losada.