O Arosa presenta as súas novas camisetas

O Salnés
12 de agosto 2022

Como principal novidade a elástica do club arlequinado contará coas mangas de cor negra, mentres que para o segundo equipamento recupéranse as cores da bandeira galega

Presentación das camisetas do Arosa para a tempada 22-23
Presentación das camisetas do Arosa para a tempada 22-23

O Estadio da Lomba foi escenario da presentación das camisetas coas que o Arosa tentará regresar á Segunda RFEF.

Como principal novidade a primeira camiseta contará este curso coas mangas de cor negra.

No que respecta a a indumentaria suplente, decidiuse recuperar as cores da bandeira galega.

Segundo anuncia a entidade de Vilagarcía as camisetas poñeranse á venda proximamente na web oficial do club.