A tempada que se lle presenta ao Arosa por diante é quizais a máis ilusionante en décadas, tras o seu ascenso á Segunda RFEF.
Por ese motivo, e coa pretempada xa ao virar a esquina, no club coidan cada detalle para que todo estea en perfectas condicións cando o balón bote a rodar.
Un deses aspectos é o céspede da Lomba, superado desde hai uns meses o episodio de problemas de mantemento coa adquisición por parte do Concello dunha nova máquina para cortar o verde.
A nove días de iniciar a pretemporada continúan os coidados no terreo de xogo do Municipal A Lomba, que presenta un estupendo aspecto#ForzaArosa#ArosaSC#SegundaRFEFpic.twitter.com/gL5Y4LE27o
— AROSA SC (@AROSASCOFICIAL) July 17, 2021
Desde entón trátase cun mimo extremo o terreo de xogo, no que esperan gozar do bo papel dos seus para asentarse na nova categoría.
No deportivo, os plans do cadro arlequinado é retomar os adestramentos en apenas unha semana, o luns 26 de xullo, para afrontar así unha pretempada de seis semanas antes da estrea na liga prevista para o 5 de setembro.