O Arosa golea o Polvorín e consegue o seu primeiro triunfo na casa (3-0)

O Salnés
06 de outubro 2024

O Arosa asinou unha gran actuación este domingo na Lomba, onde logrou o seu primeiro triunfo como local da tempada tras vencer con contundencia á Polvorín por 3-0, confirmando así o espertar do equipo tras un inicio de campaña complicado que lle permite sumar seis puntos nas últimas dúas xornadas  

O Arosa celebra un gol contra o Polvorín
O Arosa celebra un gol contra o Polvorín / Arosa SC

O Arosa asinou unha gran actuación este domingo na Lomba, onde logrou o seu primeiro triunfo como local da tempada tras vencer con contundencia á Polvorín por 3-0, confirmando así o espertar do equipo tras un inicio de campaña complicado que lle permite sumar seis puntos nas últimas dúas xornadas.

O conxunto arlequinado atopou o camiño do gol no minuto 23, cando Martín Diz abriu o marcador que desataba a alegría da afección. 

A Polvorín tentou reaccionar, pero foi o Arosa o que, no 72, ampliou a vantaxe por medio de Rivera, que deixou ao equipo lucense sen opcións claras de remontada.

Xa na recta final do partido, no minuto 86, Javi Pereira, que entrara no 79, pechou a goleada desde o punto de penalti, asegurando o 3-0 definitivo.