Arosa e Vilalonga empataron este domingo na segunda edición do Trofeo Peña Celeste12-13-14 organizado polos de Sanxenxo. Eloy adiantou cun golazo de falta aos locais e Ross igualou a contenda, obrigando a chegar á quenda de penaltis que se saldou con vitoria para o equipo arlequinado por 2-4.
Un gol do exarosista Eloy Fariña de falta directa inclinou a balanza a favor do Vilalonga, que comezou a sufrir co paso dos minutos. Primeiro foi Beda, que enviou ao poste un pase de Fajardo e, pouco despois, apareceu Ross para anotar o 1-1 tras aproveitar un mal despexe de Rodri.
Despois dunha segunda parte na que o marcador non se moveu, chegaron os penaltis, dos cales o Arosa anotou catro fronte aos dous do Vilalonga. Pedro García, Mon, Javi Fontán e Luismi foron os encargados de transformar os once metros para o equipo visitante.
Apostou Jorge Otero por un once inicial formado por Manu Táboas, Piay, Beda, Fajardo, Ross, Hugo Villaverde, Álvaro Denis, Róber, Martín Portas, Migui e Álex, dando despois minutos a Álex Cobo, Nuño, Cotilla, Javi Fontán, Luismi, Pablo Porrúa, Mon e Pedro García.
Pola súa banda, Ricardo puxo a xogar para Rodri, Nico, Eloy Fariña, Alex, Marcos, Joni, Bisti, Gabri, Barbeito, Carlos e Michael.