O Arosa encaixou a súa primeira derrota da tempada na matinal deste domingo en Abegondo, onde se enfrontou a un efectivo e dominante Fabril que se fixo co triunfo por 2-1 tras remontar un gol de Julio Rey.
Foi superior o filial deportivista aínda que Julio Rey adiantou ao Arosa cun golazo na medianía da primeira metade.
Pero o cadro local encargouse de baixar da nube aos arlequinados, encaixándolles o gol do empate cando máis doe, ao fío do descanso, por mediación deJairo.
Tras o paso polos vestiarios o Fabril impúxose con claridade tanto en ataque como en defensa, xerando perigo na portería visitante con algunha ocasión de gol.
E foi finalmente o canteirán e xuvenil Diego Gómez o que se encargou de asinar a remontada no minuto 78.
DEPORTIVO FABRIL (2): Brais Suárez, Marc, Ángel Puerto, Dani Barcia, Iano Simao, Brais Val, Álex Barba (Rubén, min. 62), Iñaqui Leonardo (Martín Ochoa, min. 72), Jairo (Marcelo, min. 87), Iván García (Jesús Ares, min. 72) e Diego Gómez (Fito, min. 87).
AROSA (1): Manu Táboas; Pacheco, Brais Vidal (Fajardo, min. 82), Martín Sánchez, Santi (Hugo Barcia, min. 82), Mario (Iñaki, min. 60), Javi Sandá (Abel Suárez, min. 46), Cotilla, Julio Rey, Borja Míguez e Sylla (Hugo Losada, min. 60).
Goles: 0-1 Julio Rey (min. 27); 1-1 Jairo (min. 34); 2-1 Diego Gómez (min. 79).
Incidencias: Terceira xornada de Terceira RFEF en Abegondo ante uns 400 afeccionados.