Hai un ano foi o Arosa o que se fixo coa vitoria na primeira eliminatoria do play-off de ascenso a Segunda Federación fronte á UD Ourense e esta vez foi o cadro ourensán o que reescribiu un novo capítulo na historia tras gañar na prórroga por 1-2 e pasar así á seguinte fase.
Tras o 2-2 do duelo de ida no Couto, ao conxunto adestrado por Luisito lles valía un novo empate para avanzar á segunda eliminatoria, pero tras o 1-1 do tempo regulamentario o encontro foise á prórroga e Javi Labrada, no 106, desatou a tolemia.
En canto ao partido, foi o conxunto ourensán o que se adiantou no minuto 36. Varo enviou un balón filtrado ás costas da defensa e Luismi aproveitou o erro de marca para plantarse ante Manu Táboas e enviar o balón á rede.
Tentou o Arosa devolver volver empatar e non foi ata a recta final da segunda metade cando o conseguiu tras un penalti dubidoso que Sylla transformou para enviar o partido á prórroga. No caso de que o partido concluíse en empate, serían os de Luisito os que avanzarían á seguinte fase.
Con todo, a pesar dos intentos de aguantar o resultado e pelexar contra o cansazo e as cambras, foi a UD Ourense a que levou o premio.
Falta colgada na área e tras un primeiro remate que rexeitou Manu Táboas, Javi Labrada cazou o esférico e o enchufó na portería, volteando así a eliminatoria para clasificar ao seu equipo e desatar a tolemia cos afeccionados ourensáns que acudiron a ver o encontro.
Consulta a acta nesta ligazón