O Arosa conta desde principios de semana con catro contaxiados por covid-19

O Salnés
15 de xaneiro 2022

O conxunto arlequinado informou este venres que os contaxiados son casos illados que non afectan o vestiario, polo que o resto de xogadores puideron adestrar con total normalidade e tranquilidade

Partido entre Arosa e Salamanca CF UDS na Lomba
Partido entre Arosa e Salamanca CF UDS na Lomba / Cristina Saiz

A incidencia da covid-19 segue afectando ao Arosa, que non puido contar con todos os seus efectivos esta semana ao notificar catro positivos detectados entre o luns e o martes. 

O conxunto arlequinado informou este venres que os contaxiados son casos illados que non afectan o vestiario, polo que o resto de xogadores puideron adestrar con total normalidade e tranquilidade sen pensar en ter que disputar os tres puntos.

De feito, a Federación Española de Fútbol fixou o parón competitivo no calendario para esta semana despois de xogar fai sete días o último partido de volta tras regresar das vacacións do Nadal.

Desde o club esperan recuperar aos catro contaxiados entre o luns e o martes próximos para preparar o primeiro partido da segunda volta, que será o sábado día 22 contra o Arenteiro no Carballiño ás 19:00 horas.

Ademais, Jorge Otero poderá contar tamén co porteiro Álex Cobo, que recibirá o día 20 a alta médica. Iso si, nin o técnico arousán nin o preparador físico, Miguel  Fontán, poderán sentar no banco ao ser sancionados con dous partidos de suspensión tras as súas expulsións no duelo contra o Bergantiños.