O Arosa comeza o verán con dúas baixas e outra renovación

O Salnés
22 de xuño 2019

O vilalongués Javi Otero continuará, después dunha tempada nas filas do club arousán e polo menos durante un ano máis, formando parte do proxecto de crecemento do mesmo

Partido entre Racing de Ferrol e Arosa na Malata
Partido entre Racing de Ferrol e Arosa na Malata /

O Arosa comeza o verán con boas e malas noticias. Despois dun ano de excelentes resultados, no que se mantivo sempre entre as posicións altas da táboa, toca comezar a pensar na próxima tempada e, con ela, nas novas apostas no referente á platilla. Así, confirmouse, por unha banda, unha renovación importante e, por outra, dúas baixas igualmente significativas.

O extremo dereito Javi Otero seguirá, polo menos durante un curso máis, formando parte das filas do club. O vilalongués chegou a Arousa o pasado verán, procedente do Boiro, e agora seguirá sendo unha das apostas de Rafa Sáez, técnico do equipo, sumándose a Suso Martínez e Manu Táboas.

Con todo, Luís García, "por desexo persoal", segundo aclara o club, decidiu abandonar o Arosa para fichar polo UD Alzira. A perda do media punta, que, do mesmo xeito que Otero, militou no cadro durante unha tempada, supón un golpe para os de Sáez no xogo ofensivo, debido a que finalizou este ano como segundo máximo goleador do equipo (só por detrás de Sylla). O cadro pontevedrés agradécelle o seu traballo e as "boas tardes de fútbol que nos diches".

Finalmente, o veterano Cristóbal Juncal únese a Luís García na súa marcha. O defensa central confirmou este venres a súa baixa e o presidente do club, Manuel Abalo, agradécelle "a tempada que estivo connosco e desexámoslle a maior sorte tanto na súa nova etapa deportiva como na súa vida persoal".