O areal de Banda do Río, en Bueu, dá a benvida a unha nova edición da xira galega do balonmán praia

Bueu
29 de xuño 2023

As dúas primeiras xornadas desta xira, que inclúen a disputa do primeiro e segundo campionato Mancomunidade Concellos do Morrazo, disputaranse entre o 29 de xuño e dous de xullo, así como do 6 ao 9 de xullo na praia budetense  

Torneo de balonmán praia en Bueu
Torneo de balonmán praia en Bueu / Xoel Gil - Patri Rivas / Federación Galega de Balonmán

A xa tradicional Xira Galega do balonmán praia da comezo este xoves 29 de xuño na praia da Banda do Río de Bueu.

A competición levarase a cabo en catro pistas ata o 2 de xullo, e en dúas pistas do 6 ao 9 de xullo; está prevista a participación de máis de 85 equiposdivididos en nove categorías masculinas e femininas.

A gran demanda de participación, unida á dificultade loxística e ás limitacións de ocupación máxima dos areais, provoca que cada torneo se celebre de xoves a domingo, ademais de estar a traballar nunha sede máis para albergar os encontros do 6 ao 9 de xullo. 

Esta iniciativa pretende que o balonmán praia esté presente durante o mes de xullo en forma de competición federada, pero que tamén dea a posibilidade de que calqueira persoa poida practicalo fóra dos horarios de competición; para iso, o estadio que montará a Federación Galega de Balonmán estará a disposición dos clubs para a celebración de adestramentos, campus ou actividades de promoción.

Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán destacou que "é especial comezar en Bueu, o balonmán praia galego débelle moito a este Concello por todas as facilidades que nos aporta, polo marco incomparable que supón para os participantes e porque supón volver ás orixes, xa que a Asociación O Patelo foi das pioneiras no fomento desta modalidade dentro da nosa comunidade”.

Todos os clubs ou equipos interesados en participar na Xira Galega de Balonmán Praia deberán anotarse a través da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

A competición continuará no mes de xullo no municipio de Moaña onde se celebrarán a terceira e cuarta xornada do campionato Mancomunidade do Morrazo, así como a fase final deste torneo o 25 de xullo.