Coincidindo co partido que a Selección Española Absoluta protagonizou este martes na Coruña fronte a Islandia, a Asociación Española de Futbolistas Internacionais, Leyendas España, homenaxeou a xogadores históricos do combinado nacional.
Entre eles atopábase o actual adestrador do Arosa na Segunda RFEF, Jorge Otero, que ao longo da súa traxectoria deportiva sumou unha decena de internacionalidades con España incluíndo unha participación mundialista en 1994 en Estados Unidos e tamén na fase final da Eurocopa do 96 en Inglaterra.
Otero recibiu o seu dorsal como Leyenda España xunto a nomes como Fran, Nando, Manuel Pablo, Donato, Engonga, Manjarín, Cristóbal, ' Chapi’'Ferrer, Manolete ou Marcelino.
"Os recordamos, valoramos y respetamos como os merecéis por haber ayudado a crear la legendaria historia de la Selección Española. Leyendas España va a estar siempre a vuestro lado y de quien más lo necesite en nuestra sociedad", explicou o presidente da asociación, Fernando Giner, nun acto que contou coa participación do presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, e do seleccionador nacional, Luis Enrique.