O ABC Braga supera a Cisne e Teucro para facerse co III Torneo Cidade de Pontevedra

Pontevedra
10 de xaneiro 2024

O Pavillón Municipal dos Deportes foi escenario este martes do III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de balonmán, unha cita amigable en formato de triangular que contou cos dous equipos pontevedreses e co ABC Braga portugués

Partido entre Cisne e Teucro no III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
Partido entre Cisne e Teucro no III Torneo Internacional Cidade de Pontevedra

Xornada de balonmán a deste martes 9 de xaneiro no Pavillón Municipal dos Deportes, coa celebración do III Torneo Interncional Cidade de Pontevedra.

Os dous equipos locais, Cisne e Teucro, buscaban afinar a súa posta a punto para o inminente regreso da competición ligueira tanto na División de Honra Prata como en Primeira Nacional, e facíano cun triangular ao que estaba convidado o ABC Braga portugués.

Foron precisamente Teucro e Cisne os encargados de abrir a xornada ás 18.15 horas da tarde co derbi, nun partido de 40 minutos de duración. Certo é que non era un duelo oficial con puntos en xogo, pero era un derbi e iso sempre o converte nunha cita especial pola sa rivalidade entre ambos.

O choque comezou con ritmo e igualdade, dominando de inicio o conxunto teucrista, pero conforme aproximábase o descanso o Cisne tomou o mando para xa non soltalo, chegando 16-12 ao intermedio e aguantando nun segundo tempo de menor ritmo ata o 23-21 final.

Chegaba despois a quenda do ABC Braga, que primeiro se medía ao Teucro con triunfo portugués por 13-21 e que despois pechaba o torneo fronte ao Cisne cun resultado de 21-24 que lle daba ademais o Trofeo Cidade de Pontevedra.